miotonía
miotonía
(< mio-+ -tonía)
-
s
f
[PAT]
Aumento esaxerado do ton muscular que pode ser conxénito ou debido a un traumatismo.
-
miotonía adquirida
[PAT]
Espasmo tónico muscular consecutivo a un traumatismo ou secundario a unha doenza.
-
miotonía conxénita
[PAT]
Afección conxénita e hereditaria, en que se combinan a dificultade para iniciar os movementos e a lentitude para a relaxación.
-
miotonía distrófica
[PAT]
Afección hereditaria que se caracteriza por miotonía, atrofia muscular, cataratas, atrofia testicular e calvicie frontal. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Steinert.