miotonía

miotonía

(< mio-+ -tonía)

  1. s f [PAT]

    Aumento esaxerado do ton muscular que pode ser conxénito ou debido a un traumatismo.

  2. miotonía adquirida [PAT]

    Espasmo tónico muscular consecutivo a un traumatismo ou secundario a unha doenza.

  3. miotonía conxénita [PAT]

    Afección conxénita e hereditaria, en que se combinan a dificultade para iniciar os movementos e a lentitude para a relaxación.

  4. miotonía distrófica [PAT]

    Afección hereditaria que se caracteriza por miotonía, atrofia muscular, cataratas, atrofia testicular e calvicie frontal. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Steinert.

Palabras veciñas

Mioto, O | miotomía | miótomo | miotonía | miotónico -ca | mioxeosinclinal | Mique, Richard