mioxeosinclinal
mioxeosinclinal
m
[XEOL]
Suco dun xeosinclinal, de tipo marxinal ou asimétrico, situado entre dous cratóns, con pouca subsidencia e onde en xeral non hai fenómenos magmáticos. Nas rexións máis próximas aos cratóns, xeralmente con características de ambiente xeotectónico de plataforma inestable, pódense orixinar formacións de dolomitas e evaporitas e, con maior frecuencia, arxilas e greses avermellados.