Miranda, pazo-torre de

Miranda, pazo-torre de

Construción situada en Caleiro (Vilanova de Arousa). Consta dunha torre cadrada de tres andares e un edificio de dúas alturas e planta rectangular. A torre está coroada cun antepeito con ameas, unicamente nun dos seus lados; gárgolas nos catro vértices e escudo na planta superior dunha das arestas. Destaca a cheminea, de grandes dimensións, rematada con pináculos, e un hórreo.