mirandés -sa
(< topónimo Miranda do Douro)
-
-
adx
Relativo ou pertencente á cidade ou comarca portuguesa de Miranda do Douro, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante da cidade ou comarca portuguesa de Miranda do Douro.
-
s
m
[LING]
Lingua do phylum indoeuropeo que se fala no nordés de Portugal, nunha extensión de preto de 500 km 2 . De orixe asturleonesa, recibiu a influencia do portugués, sobre todo a partir do s XVI. Na cidade de Miranda do Douro e arredores conservouse como lingua oral xa que foi substituído polo portugués. José Leite de Vasconcelos describiuno e escribiuno por primeira vez a finais do s XIX. O proceso de normativización do mirandés iniciouse en 1995 coa publicación dunha Proposta de Convenção Ortográfica Mirandesa e consolidouse en 1999 coa edición da Convenção Ortográfica da Língua Mirandesa. Foi recoñecido como lingua oficial pola Lei 7/99, de 29 de xaneiro. Estímase que o falan unhas 7.000 persoas na zona de orixe e que o coñecen uns 5.000 emigrantes.
-
adx
-
adx
f
[ZOOL]
Aplícase a unha raza de vacas cos cornos revirados cara a atrás propia de Miranda do Douro.