mirar

mirar

(< lat mirāri ‘admirarse’)

  1. (Campo de Criptana, Ciudad Real 1934) Dramaturgo. Licenciado en Dereito (1956), o seu teatro, centrado nos conflitos sociais de personaxes marxinados, aproxímase ao estilo de Valle-Inclán ou Buero Vallejo. Vicepresidente da Asociación de Autores Teatrales, pertence ao consello de redacción da revista Primer Acto. Da súa produción cómpre salientar La Saturna (1973), De San Pascual a San Gil (1974, Premio Lope de Vega 1975), Las alumbradas de la Encarnación Benita (1979, Premio Tirso de Molina 1980) e El libro de Salomón (1994, Premio Ciudad de San Sebastián). Coas súas obras Una familia normal (1999) e Gente que prospera (1999) recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2000.

    1. v t

      Fixar o sentido da vista en algo ou alguén.

      Ex: Miraba os cadros con moita atención. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Mirouna ben de arriba a abaixo.

    2. v pron

      Fixar alguén a vista en si mesmo.

      Ex: Pasa o día a mirarse no espello. OBS: Na zona costeira do sudoeste de Galicia, os significados de mirar conflúen cos de ver, dándose a súa substitución na fala. Ex: Xa hai días que non te miro. Desde aquí non se mira ben a ría.

  2. v t
    1. Observar ou examinar algo ou a alguén.

      Ex: Foi ao médico a que lle miraran a ferida.

    2. Considerar, ter unha idea, unha opinión ou un xuízo sobre algo ou alguén.

      Ex: Agora mirade se teño razón. Mira se está ben feito.

  3. v t
    1. Facer o posible por conseguir algo.

      Ex: Mira que non te teñan que rifar.

      Confrontacións: procurar.
    2. Ir con coidado ou precaución.

      Ex: Mira que te vas mancar.

  4. v t

    Atender ou ter en conta algo.

    Ex: Non mira máis ca o seu beneficio.

  5. v i

    Dirixir a mirada cara a un lugar.

    Ex: Mira pola fiestra do baño.

  6. v i

    Estar situado ou dirixido cara a un lugar.

    Ex: A súa casa dá á fachada que mira á praza. O catavento mira ao norte.

Frases feitas

  • Ben mirado. Expresión coa que se comeza un comentario no que se vai expor algo.

  • Ser algo ou alguén de mírame e non me toques. Ser unha persoa ou cousa extremadamente sensible ou delicada.

  • Ben/Mal mirado. Estar alguén ben ou mal considerado. Ex: Sempre estivo ben mirado na empresa.

  • Mirar por (algo ou alguén). Ter coidado ou precaución con algo ou alguén. Ex: Mira pola nena mentres fago a compra.

Conxugar
VERBO mirar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
miro
miras
mira
miramos
mirades
miran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
miraba
mirabas
miraba
mirabamos
mirabades
miraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mirei
miraches
mirou
miramos
mirastes
miraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mirara
miraras
mirara
miraramos
mirarades
miraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mirarei
mirarás
mirará
miraremos
miraredes
mirarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
miraría
mirarías
miraría
mirariamos
mirariades
mirarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mire
mires
mire
miremos
miredes
miren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mirase
mirases
mirase
mirasemos
mirasedes
mirasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mirar
mirares
mirar
mirarmos
mirardes
miraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
mira
-
-
mirade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mirar
mirares
mirar
mirarmos
mirardes
miraren
Xerundio mirando
Participio mirado
mirada
mirados
miradas