Miras, Domingo
Miras, Domingo
(Campo de Criptana, Ciudad Real 1934) Dramaturgo. Licenciado en Dereito (1956), o seu teatro, centrado nos conflitos sociais de personaxes marxinados, aproxímase ao estilo de Valle-Inclán ou Buero Vallejo. Vicepresidente da Asociación de Autores Teatrales, pertence ao consello de redacción da revista Primer Acto. Da súa produción cómpre salientar La Saturna (1973), De San Pascual a San Gil (1974, Premio Lope de Vega 1975), Las alumbradas de la Encarnación Benita (1979, Premio Tirso de Molina 1980) e El libro de Salomón (1994, Premio Ciudad de San Sebastián). Coas súas obras Una familia normal (1999) e Gente que prospera (1999) recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2000.