Miró i Bravo, Antoni
Miró i Bravo, Antoni
Pintor e escultor. Iniciado no expresionismo, que cultivou ata 1967, atravesou unha época abstracta que culminou noutra conectada coa problemática do home e o contorno que o condiciona. Realizou esculturas, sobre todo metálicas, e metalografías sobre a situación dos negros en EE UU. Recibiu influencias da linguaxe e da visión da pop-art. Da súa obra destacan Crit, dejuni forgos; El boig, Els relleus visuals, Vietnam 68, L’espera, Vencerem, Lluita d’infants, Gioconda, Antoni Miró e One Dollar.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Alcoi