1 morea

1 morea

(< prerromano *mora?)

  1. s f

    Conxunto de cousas colocadas unhas sobre outras de maneira desordenada, ou cantidade de algo agrupada máis ou menos en forma de montaña.

    Ex: Carrexamos moreas e moreas de terra para o noso eido.

    Sinónimos: monte, montón.
  2. s f

    Gran número ou gran cantidade de algo.

    Ex: Déronme moreas de parabéns pola miña vitoria.

    Sinónimos: montón.
  3. s f

    Grupo de feixes de trigo ou de calquera outro cereal que se fai nas terras, despois da sega.

    Ex: Bule xa, que aínda quedan moitas moreas que apañar!

Frases feitas

  • Ofrecer montes e moreas. Ofrecer moito e dar pouco.

  • Ter montes e moreas. Non ter nada.