Moreau, Jeanne
Moreau, Jeanne
Actriz cinematográfica e teatral. Pertenceu á Comédie Française e ao Théâtre National Populaire de Jean Vilar. Dedicada ao cine, interpretou personaxes sensuais e ás veces misteriosos, só dominados por unha especie de fatalismo. Da súa filmografía destacan La notte (1960), Moderato Cantabile (1960, premio de interpretación en Cannes), Jules et Jim (1962), L’histoire inmortelle (1966), Mrs. Klein (1976), Querelle (1982), Je m’appelle Victor (1992), The Will to Resist (2002) e La contessa di Castiglione (2004). Recibiu o Leone d’Oro (1992), o Premio Donostia (1997), o Goldener Bär (2000) e a Palme d’Or (2003), honoríficos pola súa traxectoria cinematográfica.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París