Moreiras, San Pedro de

Moreiras, San Pedro de

Igrexa parroquial situada en Toén. Na súa orixe foi un templo románico construído no s XII, que pertencía ao couto da catedral de Ourense. Tivo unha soa nave á que se lle engadiron os brazos laterais, polo que quedou constituída a planta de cruz latina. A súa fábrica é de estilo barroco (s XVIII). No interior ten un retablo renacentista do s XVI realizado por Bartolomeu de Nosendo, similar ao da catedral de Ourense e na fachada principal destacan as dúas torres barrocas que a flanquean, así como a súa balaustrada.