Morelia

Morelia

Capital do estado de Michoacán, México (619.958 h [2000]). É un centro industrial e unha rica comarca agrícola. Foi fundada en 1541 co nome de Valladolid e en 1828 recibiu o nome actual, en recordo de J. M. Morelos. O centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1991).