Moreno
Moreno
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva, en campo de ouro, unha torre de goles e saíndo das ameas, dúas aguias de sable, que inician o voo acaroadas; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro. Outra variante trae, en campo de azul, unha rosa de goles fileteada de ouro, acompañada á destra dunha estrela de ouro, e á sinistra dun crecente de prata.