Moreno Torres, Xosé
Anarcosindicalista, fillo de Xosé Moreno Bello. Na Segunda República ocupou diversos cargos de responsabilidade na Sociedad de Panaderos e na Federación Local coruñesa. Substituíu a José Villaverde na secretaría da Confederación Regional Galaica (CRG), nun contexto de agudización da confrontación de clases que desembocou na folga xeral de Nadal, de carácter semi-insurreccional (1933). Perseguido polas autoridades, pasou á clandestinidade durante un tempo como integrante dos Comités de Defensa da CNT, e reapareceu en 1935. Durante os derradeiros días da Frente Popular, ocupou de xeito interino a secretaría da CRG, e organizou na Coruña a resistencia ao golpe militar. Agochado durante os primeiros meses da contenda, fuxiu a Asturias por mar con outros cadros cenetistas, e artellou a Agrupación Confederal Galaica en Asturias. Cando á caída da fronte do Norte comandaba o Batallón 219 Galicia, tentou con algúns dos seus homes, penetrar no territorio galaico, pero foi sorprendido e asasinado polas milicias falanxistas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : A Fonsagrada