Morgade, San Tomé de

Morgade, San Tomé de

Igrexa parroquial situada en Xinzo de Limia. Foi reedificada en 1920 e conserva restos da fábrica románica anterior, como as fachadas. No seu interior destaca a imaxe de San Tomé de época barroca. Na fachada principal ten catro arquivoltas con decoración xeométrica. A fachada N ten un axadrezado e o tímpano un rosetón e sete brazos.