Morgado
Morgado
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva un escudo partido: primeira partición, de goles, cunha aspa de ouro, que ocupa toda a partición, acompañada de tres estrelas de seis raios, colocadas unha no van do xefe e unha en cada un dos flancos, e no da punta un lunel de prata; segunda partición, de sable, cun sol de ouro e raios de prata, cargado dunha cruz grega de prata.