Morgan, Augustus de

Morgan, Augustus de

Matemático e lóxico inglés. Tratou, desde o punto de vista filosófico, os conceptos de número e magnitude. As súas contribucións máis importantes foron no campo da lóxica simbólica e, xunto con G. Boole, pódese considerar o impulsor desta nova corrente durante a primeira metade do s XIX. Traballou na fundamentación da teoría das relacións e na explicación das bases sobre as que posteriormente se construíu a lóxica matemática. Publicou Elements of Arithmetic (1831).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madura, India

  • Deceso

    Lugar : Londres