Morgan, Thomas Hunt

Morgan, Thomas Hunt

Biólogo estadounidense. Estudou na Universaty of Kentucky e na Johns Hopkins University de Baltimore, onde se doutorou (1890), e foi profesor de zooloxía no Bryn Mawr College de Pennsylvania (1891-1904), na Columbia University (1904-1928) e no Instituto Tecnolóxico de California. A partir dos seus estudos xenéticos con Drosophila melamogaster, ideou a teoría cromosómica da herdanza e estableceu o primeiro mapa cromosómico dunha especie. Das súas obras destacan Evolution and adaptation (1903), The physical basis of heredity (1919) e Theory of the gene (1926). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina   (1933) polos seus descubrimentos do papel dos cromosomas na herdanza.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lexington

  • Deceso

    Lugar : Pasadena