Morgana

Morgana
[LIT/MIT]

Personaxe lendario da tradición céltica e do ciclo da Táboa Redonda. Nos mitos británicos é a inimiga do Rei Artur e algunha lenda afirma que foi ela quen roubou a espada Escalibur. Apareceu por primeira vez en Vita Merlini (1151?), de Geoffrey de Monmouth, como unha feiticeira que tiña a capacidade de curar as feridas do seu medio irmán, o Rei Artur. Presente en toda a literatura cabaleiresca posterior, deu nome ao fenómeno da fata morgana, provocado pola refracción anómala da luz na atmosfera nas proximidades da terra.