Morison, Stanley Arthur

Morison, Stanley Arthur

Tipógrafo inglés e historiador da caligrafía e da tipografía. Traballou en varias imprentas, editoriais e revistas de tipografía, foi asesor tipográfico da Monotype Co (desde 1922), da Cambridge University Press (desde 1925) e do Times londinense. Racionalista, concibiu a tipografía como unha arte ao servizo da civilización, para dar unha forma graficamente racional ao texto dentro do marco flexible da tradición. Desenvolveu un vasto programa de traballo na Monotype Co, e promoveu a creación dunha vintena de tipos (1922-38), como o Times New Roman.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Wanstead, Essex

  • Deceso

    Lugar : Londres