Morón de la Frontera

Morón de la Frontera

Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado preto das serras Subbéticas e regado polo Guadaira (27.710 h [2001]). É un centro agrario con cultivos de cereais e oliveiras e de gando bovino, porcino e de la, con industrias derivadas. As canteiras tamén favoreceron o desenvolvemento da fabricación de materiais de construción (cemento e xeso).