Morpho

Morpho
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de lepidópteros, da familia dos ninfálidos, de medida mediana ou grande e de coloración xeralmente azul e brillante, que habitan nas selvas sudamericanas, onde voan de día a grande altura sobre as copas das árbores. Son moi prezados polos coleccionistas pola súa beleza.