Morquecho Barral, José Ramón
Pintor. Coñecido como Morquecho, amosou por primeira vez a súa obra en Pontevedra en 1972. Formou parte do grupo Nome e residiu en Nova York. As súas primeiras obras achegáronse ao fauvismo, ao impresionismo e á pintura de Goya. Interesado pola natureza, comezou a destacar como paisaxista. A mancha é solta e rápida pero as súas obras tamén amosan o dominio do debuxo. As cores son vivas e brillantes como o verde, o amarelo ou o prateado, das que se desprenden a luz e coas que lles deu ás obras certa sensación de acuosidade. Da súa produción destacan Recordos (1993) e Petouto (1993) e as paisaxes realizadas durante a súa estancia en Nova York. Realizou exposicións individuais en Galicia e España e participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra. Ten obra no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, na Colección Caixanova e noutras coleccións galegas e españolas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra