Morris, Anne Marie

Morris, Anne Marie

Poetisa estadounidense. Exerceu como profesora asistente de lingua española na Universidade de California e no Shorter College de Rome (Georgia). Vinculada a Galicia e coñecedora da lingua galega a través de Xosé Rubia Barcia e Ernesto Guerra da Cal, participou no I Congreso de Poetas Alófonos de Lingua Galega (1993). Colaboradora de Grial e Correo de Galicia, e interesada na obra de Valle-Inclán, traduciu ao inglés a Rosalía de Castro e publicou en galego Voz fuxitiva (1964), en que introduce algúns aspectos intimistas e outros propios da lírica popular.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Evanston, Illinois

  • Deceso

    Lugar : Oregon