Moruxo, pazo de
Moruxo, pazo de
Construción situada en Moruxo (Bergondo). Realizado en cantaría recebada con encintados de cantaría nos ocos, arestas e forxados, ten planta cadrada, con dous andares e faiado. A fachada principal, con porta central, presenta catro balcóns e a traseira leva unha galería, baixo a que se atopa unha escaleira de pedra.