Morvedre, Concordia de

Morvedre, Concordia de

Tratado de paz asinado entre Pedro III de Aragón e Pedro I de Castela, despois do fracaso deste no asedio de València (1363). Pactouse unha paz perpetua entre Aragón e Castela, baseada en vínculos matrimoniais: Pedro I casou con Xoana, filla do rei aragonés, e o primoxénito de Pedro III, Xoán, coa filla maior do rei castelán. Isto, non obstante, non atrasou a ruptura do acordo.

Palabras veciñas

Moruxo | Moruxo | Moruxo, pazo de | Morvedre, Concordia de | morzoa | Mos | Mos