Moseley, lei de
Moseley, lei de
Lei segundo a que a frecuencia v das líneas dos espectros de emisión ou absorción de raios X dos elementos químicos é v = KZ2, sendo K unha constante e Z o número atómico. Esta lei, que demostrou que o número atómico dun átomo era igual ao de electróns que envolven o núcleo, pódese deducir da teoría do átomo de Bohr.