Moselle

Moselle

Río de Francia e de Alemaña, afluente do Rin pola esquerda (550 km). Nace en Bussang, na vertente occidental dos Vosgos, entre Ballon de Alsacia e Ballon de Guebwiller. En Épinal deixa Os Vorgos e flúe cara ao N encaixado nos altiplanos calcáreos de Lorena, extremo NL da conca de París. Pasa por Metz e Thionville, e o seu val convértese no gran centro da industria siderúrxica de Lorena. Despois do sector fronteirizo entre Luxemburgo e Alemaña, recibe o Saar pola dereita e o Sauer pola esquerda pouco antes de Trier. Drena Renania-Palatinado e fai numerosos meandros, entre o Eifel, no N, e Hunsrück, no S, ata que desauga no Rin en Koblenz.