Mosteiro da Pena, Salvador
Escritor. Realizou estudos de medicina e odontoloxía en Santiago e Madrid. Despois de doutorarse e ampliar estudos en París (1923), volveu a Galicia onde exerceu a odontoloxía. Participou na sinatura do Manifesto da Asemblea Nazonalista de Lugo (1918) e fundou en Madrid na década de 1920, con Fermín Penzol, a organización Mocedade Céltiga. Formou parte da Irmandade da Fala de Betanzos e, posteriormente, presidiu a da Coruña. Foi o primeiro director da revista Rexurdimento (1922-1923) e tamén dirixiu A Nosa Terra, ademais de colaborar na revista Alborada de Bos Aires (1930). Preocupado pola normalización do galego, que el consideraba debía achegarse ao portugués, formou parte, xunto con Otero Pedrayo, Antón Villar Ponte e Antonio Iglesias Vilarelle, do comité executivo que organizou a primeira Diada ou Festa da lingua galega que tivo lugar o 25 de xullo de 1930. É o autor do Vocabulario castellano-gallego de las Irmandades da Fala (1933).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Betanzos -
Deceso
Lugar : A Coruña