Motril

Motril

Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na desembocadura do Guadalfeo (51.298 h [2001]). A súa economía baséase nas industrias relacionadas coa actividade agrícola propia da zona, onde son característicos os cultivos subtropicais, como cana de azucre, viño, oliveiras, trigo, patacas e remolacha. Ten un porto pesqueiro que tamén destaca na exportación de ferro. Tamén é importante o turismo.