Moulin-Rouge
Moulin-Rouge
Sala de espectáculos de París construída por Charles Zidler e Josep Oller en 1889. Fíxose famosa polo can-can e por algunhas das súas vedettes, como Goulue, Nini Pattes-en-l’air ou Jane Avril, a miúdo retratadas por Toulouse-Lautrec. En 1903 foi transformada en music-hall, e coa chegada do cine sonoro converteuse en sala cinematográfica, cun salón de baile debaixo.