Mourelle de la Rúa, Francisco Antón

Mourelle de la Rúa, Francisco Antón

Mariño. Percorreu a costa americana e descubriu o arquipélago de Vava’u e varias illas de Oceanía. Foi secretario do vicerrei de México (1790-1793) e loitou contra os franceses e ingleses. Escribiu un Diario sobre a súa primeira viaxe pola costa americana onde recolleu datos sobre os pobos indíxenas e a flora da rexión. Tamén foi autor de Noticia de la navegación de la fragata “Princesa” al mando del alférez D. F. Mourelle desde Manila a San Blas por el Océano Pacífico en 1780 y 1781.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Corme

  • Deceso

    Lugar : Cádiz