Mouro, torre do

Mouro, torre do

Construción situada en Santa Marta de Meilán (Riotorto). Datada no s XIV, ten planta rectangular e foi construída en estilo gótico. Na porta destaca un arco oxival decorado. No s XVI pertenceu a dona María Bolaño, que tamén era dona do couto de Riotorto.

Palabras veciñas

mourisco -ca | mourisma | mouro -ra | Mouro, torre do | 1 mourón | 2 mourón | Mouron, Adolphe Jean-Marie