mover

mover

(< lat movēre)

  1. v t
    1. Cambiar de lugar ou de posición unha cousa.

      Ex: Non movas a mesa que queda mellor aquí.

    2. [INFORM]

      Desprazar datos dunha posición de memoria a outra.

    3. Cambiar de lugar a peza dun xogo.

      Ex: Só podes mover o cabalo para facer xaque. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Como non movas rápido deixo a partida.

  2. v t

    Ser causa de que algo ou alguén se poña en movemento.

    Ex: O que me move é o seu cariño.

  3. v t

    Intervir nun asunto para facilitar a súa execución.

    Ex: Tes que buscar a alguén que che mova o da pensión.

  4. v t

    Ser o motivo que incita a alguén a facer algo ou a adoptar unha actitude. OBS: Constrúese seguido da preposición a.

    Ex: A falta de cartos móveo a facer o que sexa.

  5. v pron

    Cambiarse de lugar ou de posición algo ou alguén.

    Ex: Non se moveu en toda a clase.

  6. v pron

    Actuar con algún fin.

    Ex: Moveuse só polo interese.

  7. v pron

    Realizar as xestións necesarias para resolver un asunto coa maior brevidade posible.

    Ex: Ti non te movas que a ver quen che vai solucionar o problema.

  8. v pron

    Darse présa en realizar algunha cousa

    Ex: Móvete que imos chegar tarde!

  9. v pron

    Frecuentar ou desenvolverse dunha determinada maneira en certos ambientes

    Ex: Movíase en ambientes moi cultos.

Conxugar
VERBO mover
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
movo
moves
move
movemos
movedes
moven
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
movía
movías
movía
moviamos
moviades
movían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
movín
moviches
moveu
movemos
movestes
moveron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
movera
moveras
movera
moveramos
moverades
moveran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
moverei
moverás
moverá
moveremos
moveredes
moverán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
movería
moverías
movería
moveriamos
moveriades
moverían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mova
movas
mova
movamos
movades
movan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
movese
moveses
movese
movesemos
movesedes
movesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mover
moveres
mover
movermos
moverdes
moveren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
move
-
-
movede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mover
moveres
mover
movermos
moverdes
moveren
Xerundio movendo
Participio movido
movida
movidos
movidas