Moya
Moya
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado ao N da illa de Gran Canaria, ata onde se estenden as formacións montañosas do centro (8.137 h [2001]). Os recursos principais da súa economía son a agricultura e a gandaría, que se complementan con industrias derivadas, certa presenza de turismo e algunhas actividades artesanais.