mozo -za

mozo -za

(< lat mutilu ‘rapado’?)

  1. adx e s

    Que ou quen xa pasou a infancia pero aínda non chegou á idade adulta. Na tradición oral recóllense ditos como: “Garda de mozo e atoparás de vello. Pan e viño andan camiño, mellor ca mozo garrido. Mentres de moza a troulear, despois de vella a rezar. Dáme pega sen mancha e dareiche moza sen chata. Nin médico mozo nin barbeiro vello. O que de mozo non traballa, de vello dorme na palla”.

    Ex: Aínda es moi mozo para facer ti só a comida. Era un mozo alto e moi guapo.

  2. adx e s
    1. Que ou quen está na idade adulta pero aparenta menor idade.

      Ex: Anos terá, pero é moi mozo para certas cousas. Está feito un mozo para a idade que ten.

    2. Que é máis novo ca outra persoa coa que se compara.

      Ex: A túa nai está máis moza ca a miña. Comparado coa muller que sae semella un mozo.

  3. s

    Persoa que mantén unha relación amorosa con outra.

    Ex: É mozo dela desde hai dous anos.

  4. s

    Persoa que realiza determinadas tarefas atendendo o público nun establemento ou ofrecendo atención doméstica.

    Ex: O mozo da estación traballaba sen parar. Sempre tivo unha moza na casa que lle facía todo.

  5. s

    Individuo sometido ao servizo militar, desde que é alistado ata que ingresa nun centro de recrutamento.

  6. s m

    2 mourón.

  7. mozo real [HIST]

    Oficial encargado da corte real que coidaba persoalmente os cabalos e as mulas que montaban o rei e os seus arreos.

Frases feitas

  • Ser bo/boa mozo/moza. Ter boa presenza.