mozo -za
(< lat mutilu ‘rapado’?)
-
adx e s
Que ou quen xa pasou a infancia pero aínda non chegou á idade adulta. Na tradición oral recóllense ditos como: “Garda de mozo e atoparás de vello. Pan e viño andan camiño, mellor ca mozo garrido. Mentres de moza a troulear, despois de vella a rezar. Dáme pega sen mancha e dareiche moza sen chata. Nin médico mozo nin barbeiro vello. O que de mozo non traballa, de vello dorme na palla”.
Ex: Aínda es moi mozo para facer ti só a comida. Era un mozo alto e moi guapo.
-
adx e s
-
Que ou quen está na idade adulta pero aparenta menor idade.
Ex: Anos terá, pero é moi mozo para certas cousas. Está feito un mozo para a idade que ten.
-
Que é máis novo ca outra persoa coa que se compara.
Ex: A túa nai está máis moza ca a miña. Comparado coa muller que sae semella un mozo.
-
-
s
Persoa que mantén unha relación amorosa con outra.
Ex: É mozo dela desde hai dous anos.
-
s
Persoa que realiza determinadas tarefas atendendo o público nun establemento ou ofrecendo atención doméstica.
Ex: O mozo da estación traballaba sen parar. Sempre tivo unha moza na casa que lle facía todo.
-
s
Individuo sometido ao servizo militar, desde que é alistado ata que ingresa nun centro de recrutamento.
-
s
m
2 mourón.
-
mozo real
[HIST]
Oficial encargado da corte real que coidaba persoalmente os cabalos e as mulas que montaban o rei e os seus arreos.
Frases feitas
-
Ser bo/boa mozo/moza. Ter boa presenza.