Mubārak, Mu ammad Hosni
Mubārak, Mu ammad Hosni
Militar e político exipcio. En 1969 foi nomeado xeneral e xefe do Estado Maior da forza aérea. En 1975 ocupou o cargo de vicepresidente da república e en 1978 o de vicepresidente do partido gobernante en Exipto, o Hizb al Dimuqratiyah al Wataniyah (Partido Nacional Democrático, HDW). En outubro de 1981, coa morte de Anwar al-Sadat, converteuse en primeiro ministro e presidente da república, cargo en que foi confirmado por referendo o mesmo mes e reelixido en 1987 e en 1993. Combateu o fundamentalismo islámico, destacou no proceso de paz de Próximo Oriente e, en 1989, conseguiu a readmisión do país na Liga Árabe.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Minûfiya