Mugabe, Robert Gabriel
Mugabe, Robert Gabriel
Político zimbabwés. Politicamente, recibiu a influencia de Kwame Nkrumah. En 1960 tivo contactos coa Zimbabwe African National Union (ZANU). Encarcerado (1964-1974), coa ZANU acadou en febreiro de 1980 a maioría absoluta para o goberno presidido por el. En 1987, despois da introdución do sistema presidencialista, foi elixido novo presidente e confirmou o cargo nas eleccións presidenciais de marzo de 1990. Opúxose ao seu réxime desde o United Front (UF). As eleccións lexislativas de 1994 deron a vitoria á ZANU, e Mugabe foi de novo elixido presidente en 1996.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Kutama