Mühlberg
Mühlberg
Localidade do land de Brandenburgo, Alemaña, situada na ribeira dereita do Elba (3.600 h [1982]). Foi fundada no s XIII, ao amparo dun castelo e dun mosteiro cisterciense. É coñecida pola Batalla de Mühlberg (24 de abril de 1547), na que se enfrontaron as tropas do Emperador Carlos V e as da Liga de Esmalcalda. Os exércitos imperiais, xunto co futuro Fernando I, Mauricio de Saxonia e Xoán de Brandenburgo, atacaron ao elector de Saxonia, Xoán, un dos xefes da Liga de Esmalcada, que recuou ata Mühlberg, onde foi vencido por sorpresa polas forzas de Carlos V.