Muir, John

Muir, John

Naturalista, granxeiro e escritor. Inventor de prácticos mecanismos de madeira, dedicouse á conservación da natureza salvaxe. Demostrou o efecto do gando doméstico sobre a estrutura vexetal dos prados e bosques naturais que axudou á declaración do Yosemite National Park (1890). Traballou a favor da declaración doutros parques nacionais e converteuse nunha figura clave na creación do sistema de Parques Nacionais Norteamericanos. Publicou The Mountains of California (1894), Our National Parks (1901), que motivou que elaborara os programas de conservación da natureza xunto con Threodore Roosevelt, e Travels in Alaska (1915).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Dunbar, Escocia

  • Deceso

    Lugar : Los Angeles, California