Mulheres Nacionalistas Galegas
Mulheres Nacionalistas Galegas
Nome científico:
[MNG]
Organización creada en Santiago de Compostela en 1986 ao abeiro do BNG. Defínese como feminista, nacionalista, anticapitalista e autónoma. Funciona mediante asembleas de zona e conta cunha coordinadora nacional. Realizaron campañas de mobilización e educación popular contra a violencia de xénero ou contra a discriminación. Os seus obxectivos son a autodeterminación das mulleres e a formación teórica. Desde 1992 publica o seu voceiro Deliberadamente.