Mulheres Nacionalistas Galegas

Mulheres Nacionalistas Galegas
Nome científico: [MNG]

Organización creada en Santiago de Compostela en 1986 ao abeiro do BNG. Defínese como feminista, nacionalista, anticapitalista e autónoma. Funciona mediante asembleas de zona e conta cunha coordinadora nacional. Realizaron campañas de mobilización e educación popular contra a violencia de xénero ou contra a discriminación. Os seus obxectivos son a autodeterminación das mulleres e a formación teórica. Desde 1992 publica o seu voceiro Deliberadamente.

Palabras veciñas

Mulhacén | Mülhausen | Mülheim an der Ruhr | Mulheres Nacionalistas Galegas | Mulhouse | mulida | mulido