Mulhouse

Mulhouse

Cidade de Alsacia, no departamento de Alto Rin, Francia (110.000 h [1999]). Situada preto da vertente setentrional do Sundgau, a 35 km de Basilea, ao NO, é atravesada polo río Ill e pola canle Rin-Ródano. As minas potásicas abastecen a industria química, en fase de expansión, xunto coa metalurxia de transformación, que se van impoñendo gradualmente á tradicional actividade téxtil. Fundada no s IX polos Staufen, asociouse á liga dos dez estados alsacianos, e no s XV buscou a protección suíza. En 1523 acolleu a Reforma, e en 1798 foi anexionada polos franceses. Destacan a casa do concello, renacentista (1552) e a cité ouvrière (1853).