multiplete

multiplete

(< ingl multiplet)

  1. s m [MAT]

    Agrupación de n elementos dispostos ordenadamente nun conxunto. Cando n=2, fálase de parella, cando n=3, de trío ou triplete, e cando n=4 de cuaterno.

  2. s m [FÍS]

    Nivel dexenerado formado por subniveis moi próximos. En espectroscopia, maniféstase coa aparición de liñas moi próximas entre si.

  3. s m [FÍS]

    Conxunto de partículas que comparten certas propiedades, pero que se diferencian por un grupo de simetría. Hai distintos tipos de multipletes, segundo o número de compoñentes: dobretes, tripletes, octupletes, decupletes.

Palabras veciñas

multipista | multiplano | múltiple | multiplete | múltiplex | multiplexación | multiplexar