multiplete
multiplete
(< ingl multiplet)
-
s
m
[MAT]
Agrupación de n elementos dispostos ordenadamente nun conxunto. Cando n=2, fálase de parella, cando n=3, de trío ou triplete, e cando n=4 de cuaterno.
-
s
m
[FÍS]
Nivel dexenerado formado por subniveis moi próximos. En espectroscopia, maniféstase coa aparición de liñas moi próximas entre si.
-
s
m
[FÍS]
Conxunto de partículas que comparten certas propiedades, pero que se diferencian por un grupo de simetría. Hai distintos tipos de multipletes, segundo o número de compoñentes: dobretes, tripletes, octupletes, decupletes.