Munch, Edvard
Munch, Edvard
Pintor e gravador noruegués. A súa infancia enfermiza e afectada pola morte da súa nai e a súa irmá influíu na súa obra. Tivo diversas estadas en París e en Berlín. A serie Friso da Vida constituíu un antecedente do expresionismo. A partir de 1894 cultivou o gravado e ao volver a Noruega, despois de estar internado nunha clínica psiquiátrica de Copenhagen (1908), o seu estilo serenouse e aclarou a cor, como nas pinturas para a Universitet i Oslo (1914-1915) ou as decoracións para o comedor dunha fábrica (1921-1922). Da súa produción destacan O berro (1893), Madonna (1893), Pubertade (1895), Celos (1895?), As tres etapas da muller (1895) e A danza da vida (1899-1900).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Löten -
Deceso
Lugar : Ekely, Oslo