Mundo del Siglo XXI, El

Mundo del Siglo XXI, El
[PUBLIC]

Xornal publicado en Madrid a partir do 23 de outubro de 1989. Integrado no grupo Unidad Editorial SA, promoveuno o ex-director de Diario 16, Pedro J. Ramírez, quen ocupa o mesmo cargo neste diario, tras a súa saída forzosa do anterior. A redacción está formada por un equipo de profesionais que xa traballaran anteriormente co director. Definiuse como progresista e estableceu unha dura confrontación con El País, o seu máximo rival no ámbito estatal. Apostou polo xornalismo de investigación e as súas páxinas foron tribuna para continuas acusacións contra as administracións, os políticos, os empresarios ou os grupos de poder acusados de actuacións ilegais. A opinión ten un gran peso dentro do xornal e a súa liña informativa foi importante para o cambio de orientación política en España no momento da súa saída. Ademais do seu servizo a través da rede Internet, ofrece información de carácter local para as comunidades de Catalunya e Illes Balears. Cun deseño moi visual e na liña de La Vanguardia, con gran contraste na letra e moitos infográficos, situouse no extremo contrario á sobriedade de El País. Seguindo a liña doutros xornais españois, nos últimos anos apostou por unha diversidade temática nos seus suplementos e pola entrega de diferentes coleccións aos seus lectores. Segundo o EGM, é o segundo xornal de información xeral en canto a distribución e venda en España.

Palabras veciñas

2 mundo -da | Mundo Cal | Mundo de Ahora | Mundo del Siglo XXI, El | Mundo Deportivo, El | Mundo Gallego | Mundo Gallego