Mundo Deportivo, El

Mundo Deportivo, El

Diario en castelán, decano da prensa deportiva en España e o segundo máis antigo de Europa. Fundado en Barcelona en 1906 como semanario, converteuse en diario a partir de 1929. Dirixido nun primeiro momento por Narcís Masferrer e despois por Josep Torrents, ao rematar a Guerra Civil Española foi dirixido durante vinte e sete anos por Josep L. Lasplazas. Posteriormente figuraron como directores Ricard Grau i Escoda, J. J. Castillo e Santi Nolla. O seu contido é polideportivo, se ben presta unha maior atención ao fútbol e á actualidade do FC Barcelona. Co tempo integrouse no Grupo God363 Comunicación.