Mundo Ilustrado
Mundo Ilustrado
[PUBLIC]
Revista publicada na Coruña a partir de 1924, que alternou a súa redacción con Madrid, e que cesou en outubro de 1937. Fundada e dirixida por Manuel Sanz Nogués, apareceu baixo o subtítulo “Revista mensual hispanoamericana”. Incluíu numerosos artigos sobre Galicia escritos en castelán e poemas en galego de Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Aurelio Ribalta. De tendencia ultraconservadora, apoiou o bando franquista durante a Guerra Civil Española, loando as actuacións da falanxe.